lunes, 8 de marzo de 2010

XORNADA DE CONVIVENCIA E CHURRASCADA

SÁBADO 20 DE FEBREIRO DO 2010
Aproveitando que o equipo Benxamín descansaba esta xornada, e que os Alevíns xogaban na casa, os entreadores destas categorías a que se uneu tamén a Prebenxamín, organizaron ca colaboración dos pais, unha churrascada no Estadio Parroquial de Valiño.
Mentres Juan e Carlos facían de Mestres de Fogóns, e dicir, estaban ao pe das ascuas atendendo o churrasquiño de porco, os entrenadores e os pais xogaron un partido de fútbol 8. Os pais impuxéronse por un claro e rotundo 3-2 e aínda se permitiron o luxo de fallar un penalti, que máis que errar foi un paradón de Benxamín, faceta ésta a de porteiro, que engade a súa lista de directivo, árbitro ocasional, cantineiro, vendedor de rifas, utillero, delegado....en resumo un multiporpouse de moitos cabalos de potencia para que o agora renombrado C.F. CABO DE CRUZ, siga en pé e a punto de regresar a 2ª autonómica.
Nenos, pais, entrenadores, directivos e amigos, disfrutamos dunha xornada que esperamos repetir.
Tardamos en escribir esta entrada, porque estamos á espera de recibir fotos do acontecemento. Sabemos que as hai, e está a punto de chegar algunha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario