domingo, 9 de enero de 2011

NOVA XORNADA DE CONVIVENCIA

26 de decembro 2010
Unha vez maís, o club de futbol quere famentar a unidade entre toda a comunidade deportiva, convocando unha xornada festiva aproveitando o parón ligueiro de NADAL.
Como non podía ser doutra maneira, xogouse a xa tradicional pachanga de futbol, entre os pais dos xogadores e os adestradores e directivos. Nesta ocasión, os entrenadores acadaron a victoria, probablemente polo mellor estado físico, xa que se xogou a futbol 11. Lembremos que a pasada primaveira, os pais venceran a futbol 7.
O rematar o encontro, pais, xogadores, directivos e amigos, disfrutaron dunha espectacular churrascada e unhas esquisitas empanadas.
Tamén se aproveitou o día, para facer unha foto cos integrantes do futbol base.



No hay comentarios:

Publicar un comentario