LIGA PREBENXAMÍN
DE FÚTBOL 8. II EDICIÓN
CONCELLO
DE BOIRO
As últimas novas recibidas desde o Concello, e que divulgamos a través desta web, son as seguintes:
Recibida a confirmación do
Portosín de que non podían finalmente participar nesta Liga Prebenxamín de
Fútbol 8, rectifícase de novo o calendario, esperando
que sexa a última modificación, pois a liga arranca esta fin de semana en Vista
Alegre.
As novas modificacións son as seguintes:
-Liga regular de 7 xornadas, onde cada semana descansa 1 equipo.
-Ao remate da liga regular, establécense unhas semifinais para loitar polo título, que as disputarán os catro primeiros equipos clasificados.
-O 5º, 6º e 7º clasificado disputarán un triangular entre eles para establecer finalmente eses mesmos postos na liga, polo que ata o final de todo (25 de maio) non se coñecerán os postos definitivos da liga.

O sistema de competición será o seguinte:
- Competición según a modalidade de fútbol 8.
- A clasificación
na liga determinarase según o número de puntos acadados (3 puntos por partido
gañado, 1 punto por empate e 0 puntos por partido perdido).
- En caso de empate a puntos, o desempate realizarase
seguindo a seguinte orde:
*
Máis partidos gañados.
* Menos partidos perdidos.
* Resultado no enfrontamento
directo.
* Mellor diferenza de goles.
* Menos goles encaixados.
* Máis goles anotados.
* Se aínda así persiste o empate,
decidirá a organización.
- Nas semifinais
non se contabiliza o valor dobre dos goles en campo contrario. Ao remate do
partido de volta, se hai empate a goles, non hai prórroga e realízase unha
tanda de penaltis, a 5 lanzamentos. Se despois desta ronda persiste o empate,
séguese lanzando “ao fallo”.
- No triangular,
o sistema de desempate é o mesmo que o establecido para a liga regular.
- Nas finais,
en caso de empate, non hai prórroga. Realizarase unha ronda de 5 penaltis e, se
ao final da ronda hai empate, séguese lanzando “ao fallo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario