domingo, 12 de mayo de 2013

EQUIPO BENXAMÍN

Segundo torneo consecutivo para o equipo benxamín da SDV, derrotando na final ao Arosa por 4 goles a 1. Resultado que refrenda a espectacular tempada deste equipo.

Xa comenzara mostrando o seu poderío no torneo de pretemporada da SDV no que disputou a final co Sta Mariña. Despois chegou a consecución da liga de forma invicta, o terceiro posto no torneo de Caldas con equipos de renome como o Celta de Vigo e neste mes de maio, gañau o segundo torneo de futbol base organizado polo Cabo, así como o do C.D.Unión ao que pertence o cartel.

COMO CAMPIÓN DE LIGA, ENTROU NO SORTEO DA FEDERACION PARA DISPUTAR OS CRUCES A DOBRE PARTIDO, QUE DARÁN CO CAMPION DE GALICIA DE BENXAMINS.

A S.D.V.CABODECRUZ ENFRENTARASE AO BURELA. O PRIMEIRO PARTIDO SEGURAMENTE SERÁ O 17/05 AS 12:00 ( POR CONFIRMAR) EN BURELA.
DESDE AQUÍ, DESEXÁMOSLLE MOITA SORTE.




No hay comentarios:

Publicar un comentario