sábado, 31 de agosto de 2013

NOVAS DA VINDEIRA TEMPADA

Chega o saúdo Fair Play ao fútbol modesto
Por acordo da Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol dende esta temporada será OBRIGATORIO realizar o xa coñecido saúdo Fair Play (pasamáns) ao comezo de tódolos encontros de fútbol-11.

O proceder será o seguinte:

No momento de sair ao campo deberán sair o/s árbitro/s e os dous equipos en fila encabezados polos capitáns e ordeados por orde numérica.
Árbitros e xogadores aliñaránse de cara á tribuna principal do campo situándose o equipo local á dereita dos colexiados e o visitante á esquerda.
Unha vez o árbitro dea a orde os xogadores do equipo visitante irán saudando, un a un, aos árbitros e xogadores do equipo local. Unha vez finalizado o saúdo do equipo visitante os xogadores do equipo local pasarán, un a un, a saudar ao trío arbitral.
Finalizado todo poderá dar comezo o encontro según o protocolo normal para o inicio dos encontros.
PÓDESE VER UNHA MOSTRA NO VIDEO DAS FINAIS DE F-8 NA SECCIÓN DE VIDEOS PINCHANDO AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario