Un gol de Chuli no 80 deu a vitoria ao Porto do Son ante o Cabo de CruzLa Voz de Galicia
Os crucenses arribaron a terras sonenses coa ausencia de cinco xogadores titulares e, de inicio, o seu adestrador, Miguel Ramos, cedeu o control do partido aos locais. O encontro xogouse no Emilio García, ante uns 130 afeccionados. O 0-1 meteuno Canario desde fóra da área. O empate chegou no 65, por mediación de Mani tras un man a man. O local Chuli encargouse de facer o desempate no 80.


No hay comentarios:
Publicar un comentario