miércoles, 26 de febrero de 2014

CALENDARIO COMPLICADO PARA A RECTA FINAL DE LIGA

A vindeira xornada á SDV tócalle descansar, ainda que seguirá estando a tres puntos da promoción co Lampón que poderían ser catro debido ao gol-averaxe. Despóis da última xornada, todo parece indicar que a praza de ascenso directa será para o Porto do Son, pero o que está claro é que hai seis equipos para as catro plazas da promoción de ascenso. Cabo ten que visitar ao Caamaño, Lampón, e Cruído, mentras que recibirá en Valiño ao Porto do Son.
Esta liga é unha das máis emocionantes e igualadas dos últimos anos. Na columna esquerda desta web, puxemos unha enquisa, animádevos a opinar.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario