domingo, 25 de mayo de 2014

INFANTILES

Os terceiros clasificados dos grupos 4º,5º e 6º están a disputar unha mini promoción, por si quedara algunha plaza na provincial, en caso de que subira algún equipo da zona de Santiago a liga Galega Infantil.
Despois de derrotar por 3-1 a S.D.COMPOSTELA, esta mañá, a S.D.V.CABODECRUZ empatou sen goles na casa do SILLEDA. Desta maneira colócase primeiro con catro puntos, a falta dun partido entre o Compostela e o Silleda.  Só a victoria do Silleda por mais de dous goles, lle sacaría o dereito a ascender, no caso de que quedara algunha plaza libre.
Por outra parte, o vindeiro mércores, disputará a segunda eliminatoria da Copa do Sar infantil contra o ULLA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario