jueves, 8 de octubre de 2009

RESEÑA HISTÓRICA

A Sociedade Deportiva Cabo de Cruz foi inscrita na Federación Galega de Fútbol no ano 1970, participando por primeira vez no campeonato oficial de liga na temporada 1971-1972, sendo Presidente fundador D. Gonzalo Cortés Sánchez, cargo que ostenta na actualidade (2013-2014) Fabián (Taja).
As instalacións deportivas naceron gracias os esforzos e traballo desinteresados dos veciños, chegando incluso a doar terreos propios. Hoxe en día a entidade conta cun terreo de xogo con gradas cubertas e con outro campo de terra.
En 1992 o club vese na obriga de cambiar de nome por non ter renovada a inscripción no rexistro de clubs da Xunta de Galicia pasando a denominarse Sociedade Deportiva Valiño-Cabo de Cruz baixo o mando de D. Elias López Hermo, xa que co nome de S D. Cabo de Cruz nese rexistro estaba inscrito o club de voleibol do colexio.
Na tempada 2009-2010, con Kiko como presidente, decídese cambiarlle de novo o nome ao club, así que ca finalidade de que apareza o nome do pobo nas clasificacións e nas notas de prensa, inscríbese co nome de "C.F. CABO DE CRUZ". O club milita na terceira rexional con dous equipos: o C.F.CABO DE CRUZ inscrito no Grupo VIII (BARBANZA) e o C.F. CABO DE CRUZ B, inscrito no Grupo X (SAR).
Ademáis, intensifícase o traballo con nenos desde os catro anos, pois cóntase cas categorías de: cadetes, infantís , alevíns, benxamíns, pre-benxamíns e biberóns.

Tempada 2010-2011 - Preside Manuel Romero (Nolo)
Tempada 2011-2012 - Preside Gerardo Juanes (Andorrano)
Tempada 2012-2013 - Preside Fabián Fernández (Taja)
Tempada 2013-2014 - Preside Fabián Fernández (Taja)

No hay comentarios:

Publicar un comentario