lunes, 12 de octubre de 2009

Arranque das ligas de futbol base 2009-2010

Este fin de semana deron comenzo as competicións de benxamín, alevín e cadete, que xunto ca de infantiles que xa van pola terceira xornada, completan as competición nas que Cabo ten representación nas ligas da federación de futbol base.

A verdade e que salvo os cadetes, que gañaron a domicilio ao Porto do Son por 3-5, os outros tres equipos de Cabo caeron nos seus respectivos encontros. Así, os benxamíns caeron en Lesende por 4-1, os alevíns perderon co Noia en Valiño por 2-4, e os infantiles tamén sucumbiron en Noia por 7-2.

Esperamos e desexamos que a vindeira xornada se lle de mellor ós nosos rapaces.

Por outra parte os prebenxamíns de Quín Ozores, xa comenzaron a entrenar para a liga de futbol sala que organiza o Concello de Boiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario