domingo, 22 de septiembre de 2013

RESULTADOS COMPLETOS DA XORNADA

CRÓNICA EQUIPO SENIOR
Cabo de Cruz-Araño: 3-0. O dianteiro Ciño demostrou a sua gran valía ante a portería rival. Marcou os tres goles do seu equipo, todos eles en 35 minutos. Os de Miguel Ramos saíron coas ideas moi claras intentando xogar ao fútbol. Incluso puideron marcar algún tanto máis. Na segunda metade, os locais, ao ter o partido resolto, relaxáronse e dedicáronse a conservar a vantaxe. Aínda así chegaron con perigo á área rival e puideron facer algún tanto máis. Foi a primeira vitoria dos crucenses no campionato e os seus primeiros puntos esta tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario