Andorrano marcou tres goles para o Cabo de Cruz en Carreira
A competición no grupo sexto de Terceira Autonómica renovouse o fin de semana tras as vacacións de Nadal. Regresou pero con poucas novidades e sorpresas.
O Cabo de Cruz fíxose cun importante triunfo en Carreira, onde gañou por 1-4. O xogador visitante Andorrano foi o máis destacado da xornada ao marcar tres goles, un deles de córner directo. Iso si, axudado polo vento reinante.
O encontro non tivo moita historia pois foi un monólogo dos crucenses, excepto no tramo final da primeira metade no que os de Ventoso apertaron e achegáronse á área rival.
No hay comentarios:
Publicar un comentario