Cabo de Cruz-Escravitude: 1-1.
Campo de Valiño: 800 espectadores. Goles: 0-1, min 30: de tiro cruzado. 1-1, min 54: Andorrano, de penalti cometido sobre Ciño. O partido caracterizouse polo amplo respecto que se tiveron os dous equipos, aínda que os crucenses levaron o peso do choque. Andorrano tivo a primeira gran ocasión para adiantar aos locais pero o seu disparo, nun man a man, foise fora. Os visitantes mostraron un fútbol directo: chegaron unha soa vez e metérona. Tras o regreso dos vestiarios, os de Miguel Ramos saíron con máis intensidade en busca do empate e conseguírono cun penalti que transformou Andorrano. O punto de inflexión do partido chegou no minuto 70, cando se anulou un gol por posible fóra de xogo a Andorrano. O Escravitude estivo moi ben no aspecto defensivo, con moito orde e oficio. Nos penaltis venceron os visitantes por 3-4.
No hay comentarios:
Publicar un comentario