HISTORIA

A Sociedade Deportiva Cabo de Cruz foi inscrita na Federación Galega de Fútbol no ano 1970, participando por primeira vez no campeonato oficial de liga na temporada 1971-1972, sendo Presidente fundador D. Gonzalo Cortés Sánchez, cargo que ostenta na actualidade (2012/13) D. Fabián Fernández Lojo.
As instalacións deportivas naceron gracias os esforzos e traballo desinteresados dos veciños,chegando incluso a doar terreos propios. Hoxe en día a entidade conta cun terreo de xogo de cespede con gradas cubertas e conoutro campo de terra.
En 1992 o club vese na obriga de cambiar de nome por non ter renovada a inscripción no rexistro de clubs da Xunta de Galicia pasando a denominarse Sociedade Deportiva Valiño-Cabo de Cruz baixo o mando de D. Elias López Hermo, xa que co nome de S D. Cabo de Cruz nese rexistro estaba inscrito un club de voleibol.

TRAXECTORIA
Facendo un pequeno resumen da traxectoria deportiva da entidade cabe destacar tres ascensos a segunda rexional: temporada 1993-1994 presidido por D. Adolfo Sieira Rodríguez, na 1997-1998 presidido por D. Eugenio Rodríguez Fernández e na 2009-2010 por Kiko. Na temporada 2001-2002 a S. D. V. Cabo de Cruz ganou por primeira vez na sua historia o campeonato de Segunda Rexional sendo o Presidente D. Teodoro Ojea Fajardo, non acadando o ascenso por perder a dobre partido co Sigüeiro C. F. . Na actualidade o club milita na terceira rexional, contando ademais con equipos en categorías de: xuveniles, infantís , alevíns, benxamíns e pre-benxamíns. En categorías inferiores acadóuse o campeonato de liga de alevíns na temporada 2002-2003, pre-benxamíns na 2003-2004 e benxamíns na 2010-2011.